jueves, 29 de mayo de 2014

Examé. Taxas de paro segundo a Eurostat.



Este gráfico mostra a porcentaxe de paro de quince países, ordenados de maior a menor (%) :
-Azul (mínima taxa de paro)
-Amarelo (Media taxa de paro)
-Vermello (Máxima taxa de paro)

A información foi sacada das taxas de paro segundo a Eurostat ( http://es.classora.com/reports/b144141/tasa-de-paro-segun-eurostat-en-los-paises-de-la-union-europea-eeuu-y-japon)

A aparición dunha elevada taxa de paro, é un problema tanto económico coma social ,os datos poñen de manifesto como o emprego se ve afectado en épocas de crise.
 Cabe salientar a situación económica española pois esta ven en cabeza,  cunha taxa de paro de case un 26% .
España vive en crise económica dende 2008,debido a crise económica mundial ou tamén chamada ``Gran recesión´´ que veu desencadeada en estados unidos,provocada por unha elevada inflación principalmente e tamén por unha crise hipotecaria, crediticia, e unha confianza nos mercados.
Os efectos desta crise prolongáronse máis de cinco anos, ata a actualidade. Os principais efectos causantes foi o fin da burbulla inmobiliaria, máis unha gran crise bancaria (principalmente no ano 2010) e finalmente o aumento de desemprego que se ve reflexado nesta gráfica.
O grado de desemprego en España e altamente alto, respecto o resto de países da unión Europea.
Na actualidade España, conta con máis de 6 millóns de parados (De acordo ca EPA)  e o 50% dos menores de 25 anos están en desemprego o que supón unha das maiores preocupacións para a sociedade Español, causando que esta teña un índice de pobreza respecto o resto dos países da Unión Europea e tamén unha grande desigualdade social.

Ademais esto produce un grande descontento na poboación desencadeando movementos socias contra a denuncia destas situacións (Folgas), un dos máis importantes foi o movemento do 15-M (O movemento dos indignados) o que surxíu principalmente como denuncia  social contra a precariedade e as condicións económicas da clase media/baixa.
















Realizado por : Ana pereiro Fernández.

miércoles, 21 de mayo de 2014

Resultados da enquisa das letras galegas.

Resultados en Galego: ... A palabra máis destacada foi ``Bolboreta´´ , e a que máis me impresionou foi ``Luscofusco´´, e ``Aturuxo´´. Aínda así encantaronme as palabras ``Boneca´´ e ``Axóuxere´´ faime gracia a súa pronunciación. Palabras en castelán... A palabra máis destacada foi ``Amor´´, e a que máis me impresionou foi ``Onírico´´. Aínda así podo decir que a palabra que máis me gustou foi ``Galicia´´, pois aun a pesar de que faga referencia a miña terra, encantoume que unha persoa dixera que era a sua palabra favorita. Palabras en inglés.. A palabra máis destacada foi ``Love´´,e a que máis me impresionou foi ``Edelweiss´´, pois non sabía da sua existencia nin que fixera referencia a unha flor..
Palabras en Francés.. O que máis me chamou a atención foi que a maioría da xente deixou este apartado en branco, casi mais da métade das persoas que contestaron a enquisa.. polo que nos leva a decir que a maior parte da xente non sabe francés. A palabra máis destacada foi ``Amour´´ seguida por ``Bonjour´´... A que máis me chamou a atención foi ``Touché´´ que fai referencia a unha expresión francesa, algo dito que che tocou, que che chegou, coma a min esta palabra. Quero agradecer as Oitenta e catro persoas, que participaron nesta enquisa, e fixeron posible estos resultados, estou asombrada pola participación da xente, e o seu apollo, é admirable. Aínda así sempre hay o tipico gracioso que pon palabras mal soantes.

miércoles, 7 de mayo de 2014

Os perigos da internet.

A través desta historieta, o valedor do pobo e a cosexería de traballo e benestar intentan concienciar os máis xoves sobre os perigos que pode acarrear un uso irresponsable de Internet.
Na actualidade a internet atópase en todos os momentos da nosa vida, algo que na súa gran medida e beneficioso xa que facilita a nosa vida, pero como todo tamén ten un lado malo,xa que tamén estamos espostos a todos os perigos e ameazas que acarrea a utilizacion do internet, o cal se intenta mostrar dunha maneira esaxerada nesta historia.
O comic reflicte unha das ameazas principais da rede, xa que a maioria da xente pensa, que o que se fai na rede é algo anónimo, seguro o que é completamente erróneo, a xente non se decata do perigo que unha utilización irresponsable da internet pode acarrear, xa que todo o mundo pode acceder a nosa información e archivos persoais cun simple tecleo de dedos.


Algo positivo e que podemos comunicarnos con persoas de todo o mundo, dunha maneira rápida sinxela e barata, algo que se via como un imposible antigamente, pero esto tamén ten a seu lado malo, xa que da misma maneira calquera pode comunicarse e acceder a nos, e nunca sabemos quen está detrás da pantalla o que supón un grande perigo, especialmente no caso de adolescentes irresponsables, o que se observa claramente na historiota.A pornografía infantil é un dos riscos máis perseguidos da rede, xa que os pedófilos poden acceder os menores dunha maneira rápida e que non supoña perigo a simple vista.




Outros dos erros máis frecuentes, e que a xente pensa que internet non acarrea consecuencias,
o que é completamente falso, e estase vendo vixente na actúalidade,
 xa non só a piratería, o roubo de contrasinais, ou o acceso de datos bancanrios, son castigados como delito penal.
Se non que na actualidade calquera falta moral que se realize na rede e considerada un delito penal.
actualmente moitas contas de Twitter dedícanse a expoñer a súas opinións na rede pero mediante insultos e faltas de respecto,o que supón un delito penal.
Sen embargo Internet e algo beneficioso se se sabe utilizar e aprobeitar dunha maneira responsable,
e no caso dos menores sempre se poden recurrir a programas de seguridade para a prevención de calquera tipo de ameazas.
A inda así un dos mayores erros dos cales non nos decatamos e que internet ocupa a mayor parte do noso tempo, o cal deberiamos dedicar a outras cousas xa que ....
``O tempo non é ouro , o ouro non vale nada.. o tempo é vida´´. (Jose Luis Sampedro.)