Este gráfico mostra a porcentaxe de paro de quince países, ordenados de maior a menor (%) :
-Azul (mínima taxa de paro)
-Amarelo (Media taxa de paro)
-Vermello (Máxima taxa de paro)
A información foi sacada das taxas de paro segundo a Eurostat ( http://es.classora.com/reports/b144141/tasa-de-paro-segun-eurostat-en-los-paises-de-la-union-europea-eeuu-y-japon)
A aparición dunha elevada taxa de paro, é un problema tanto económico coma social ,os datos poñen de manifesto como o emprego se ve afectado en épocas de crise.
Cabe salientar a situación económica española pois esta ven en cabeza, cunha taxa de paro de case un 26% .
España vive en crise económica dende 2008,debido a crise económica mundial ou tamén chamada ``Gran recesión´´ que veu desencadeada en estados unidos,provocada por unha elevada inflación principalmente e tamén por unha crise hipotecaria, crediticia, e unha confianza nos mercados.
Os efectos desta crise prolongáronse máis de cinco anos, ata a actualidade. Os principais efectos causantes foi o fin da burbulla inmobiliaria, máis unha gran crise bancaria (principalmente no ano 2010) e finalmente o aumento de desemprego que se ve reflexado nesta gráfica.
O grado de desemprego en España e altamente alto, respecto o resto de países da unión Europea.
Na actualidade España, conta con máis de 6 millóns de parados (De acordo ca EPA) e o 50% dos menores de 25 anos están en desemprego o que supón unha das maiores preocupacións para a sociedade Español, causando que esta teña un índice de pobreza respecto o resto dos países da Unión Europea e tamén unha grande desigualdade social.
Ademais esto produce un grande descontento na poboación desencadeando movementos socias contra a denuncia destas situacións (Folgas), un dos máis importantes foi o movemento do 15-M (O movemento dos indignados) o que surxíu principalmente como denuncia social contra a precariedade e as condicións económicas da clase media/baixa.
Realizado por : Ana pereiro Fernández.
No hay comentarios:
Publicar un comentario