miércoles, 23 de abril de 2014

número de pasaxeiro por autobuses e autocares, en comparación o número de pasaxeiros por avión no ano 2011

Neste mapa amósase o número de transporte de pasaxeiros por autobuses e autocares en Europa do ano 2011.
Os países que aparecen en verde, son aqueles que non reciben unha cantidade considerable de pasaxeiros que utilicen este medio de transporte para realizar as súas viaxes.
 Os que aparecen en vermello son os países con menor número de pasaxeiros, os que aparecen en laranxa son aqueles có máximo número de pasaxeiros. Neste outro mapa amosase en comparación o primeiro mapa o número de pasaxeiros por avión en Europa do mesmo ano.
Os países de cor vermella son os que reciben o menor número de pasaxeiros, os de cor amarela os que teñen un número medio de pasaxeiros, e os de cor laranxa os de maior Obsérvase unha notable diferenza entre un mapa e o outro, vese claramente que a xente prefire viaxar en avión que en autocar, supoño que por motivos claros como a diferenza de velocidade entre un e outro, pola facilidade de viaxe,e pola comodidade.
Viaxar en autocar ou autobús non só é un proceso máis lento, senón que tamén é máis cansado e esgotador xa que debes de estar parando a cada dúas horas , e pola contra ir en avión é algo máis rápido e máis levadeiro. Aínda así eu escollería o autobús si se trata de facer turismo, xa que te permite explorar máis lugares debido ás paradas e ver máis cousas que se vas en avión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario